miércoles, septiembre 06, 2006

Hibernación

jueves, agosto 10, 2006

Cartografiando a guerra do lume

Teléfono de voluntariado: 900 400 800 | Incendios 085 | Protección Civil 112

Fontes oficiais: Consellería de Medio Rural e novas da Xunta.

Na blogosfera:

>> As sospeitas razoábeis de Calidonia, ou unha posible relación entre lumes e negocio urbanístico.
>> Os incendios forestais en Galicia. Libro de actas das xornadas de novembro do 2005 para analiza-la problemática e buscar solucións.
>> ArdeGaliza.info, Indymedia GZ.
>> As imaxes: O teu monte precisa de ti, Lume Nunca Máis, O lume é o 1º invasor, grupo público en flickr.

Os medios de comunicación convencionais:

>> Na Voz de Galicia: as causas posibles e as lagunas coa lexislación que permiten a recalificación.
>> En Vieiros fan seguemento intensivo: no escáner.
>> Animacións: El País, El Mundo

¿U-la dereita galega responsable?

O lider fala...
"onde hai gobernos divididos como o famoso tripartito en Cataluña ou o bipartito aquí, é onde hai máis lumes". Fraga dixit.

...e a dirección entende: hai que vende-lo caos. A posta en escena:
>> A comitiva de Rajoy e Feijoo visita un lugar afectado. De repente reavívase un foco e alguén da mesma se apresura a apaga-lo lume. A metáfora queda clara.
>> Crean un "gabinete de crise autónomo" en cada un dos seus concellos: o alcalde, concellal de medio natural e os xefe da policía e protección civil. Nada de integrarse na axuda da Federación de Concellos nin oir falar da Xunta. Hai que vender descoordinación.

Chega o verdadeiro cortocircuito. Brota a culpa, o pecado:
"Nosotros, con el Prestige teníamos montado un gabinete de crisis a las 48 horas", oio dicir a Rajoy na TVG.

As bases tamén entenden:
[SMS1]El bipartito gallego descabezo el Servicio de Incendios de Fraga,les acuso de beneficiarse de los incendios.Resultado 4 muertos,40000 Has quemadas en 4 dias y lo que falta ¿Donde estan nunca mais y el resto de la manifestacion? pasalo[/SMS1]
[SMS2]
En la crisis del chapapote cero muertos y a dia de hoy las playas de galicia las mas limpias de ESPAÑA. Con los incendios de este verano 3 muertos y los daños medioambientales duraran varias decadas.¿Donde estan los del NUNCA MAIS? Dimision de ZP, Narbona y Touriño. PASALO[/SMS2]

Señor Feijoo, por favor, apareza. Faga ver de novo a dereita responsable que asomaba pola porta no arranque da discusión do estatuto (unha reunión BNG-PP hai 3 anos era impensable, alomenos que quixeran tirarse dos pelos).

Entendo o xogo da política. Goberno-oposición. Pero hai límites. Eses límites son os que separan os partidos responsables dos irresponsables, os partidos que buscan a confianza da poboación e os que buscan a súa sumisión.

Galiza precisa de partidos que busquen da confianza dos seus cidadáns. Non que nos avasallen outros 16 anos.

De volta (temporalmente)

Debido ós problemas técnicos que está tendo Blogaliza volvo temporalmente a blogger, para radia-la desfeito do lume en Galicia. Colocar espellos que nos axuden a entende-lo que ocorre.

martes, junio 06, 2006

Migración a Blogaliza... is in!

Hoxe mesmo acabei de correxir tódalas entradas deste blog no novo. Agora a mudanza é total:

http://obazardenes.blogaliza.org

O novo bazar está totalmente equipado: etiquetas para os temas, unha ferramenta de xestión de nivel... gran cambio! Agora só me falta "limparlle a cara", poñelo bonito. Pero isto para o verán, logo dos exames. Porque os estudantes non nos reximos polo calendario gregoriano común. E o verán comeza para nós o día despois do último exame. Sexa cando sexa.

Espero vervos polo novo bazar!

martes, mayo 30, 2006

Boiro, infraestruturas e turismo

Boiro, infraestruturas e turismo.

Así empeza o cambio de bazar. Na nova reforma empezo cun artigo sobre o turismo e o desenvolvemento na comarca do Barbanza. Espero vos agrade.

De momento estou aínda coas reformas e coa migración, pero xa ahi melloras con respecto á precaria plataforma que tiña actualmente.

Xa sabedes, nova mudanza no bazar, a partir de agora podedes atoparme en: http://obazardenes.blogaliza.org

Espero vervos por alí!

lunes, mayo 29, 2006

A Xunta e a bolsa de aluguer

Aparece hoxe, na voz de Galicia, un artigo sobre a bolsa de aluguer da Xunta. Sobre cómo a primeira bolsa que xurdiu por iniciativa do PP (boa cousa, hai que darlle aquí a razón ó vello) só fixo aumenta-los prezos do aluguer pois non se controlaban os arrendamentos (pero mal implantada, quizá ás presas).

O actual goberno, logo de repensa-las condicións da bolsa, volve a ofertala con novas condicións que pretenden controla-lo prezo e evita-los fraudes.

A nova: O final da bolsa de aluguer frea a escalada de prezos en Galicia.

jueves, mayo 25, 2006

Dúas da vivenda

A primeira. unha columna do diario 20 minutos: A idade según os bancos.

E outra. un microrrelato de Seve García: a casa, o especulador e o concello.

Hoxe nada de novas, actualidade ou similares. Só realismo máxico.

martes, mayo 23, 2006

A toda costa

Nos últimos tempos estamos vendo unha progresiva marbellización da costa galega. Plans urbanísticos desmesurados, construcións a pé de costa, etc

Para chamar a atención sobre esta problemática e xerar debate en torno á edificabilidade da costa e o acceso á vivenda, na rede arredemo empézase a move-la xente. A idea consiste en crear debate e denuncia-la situación actual. Ámbalas dúas cousas deben ir da man. Non olvidemos o que pasou coas últimas "sentadas por una vivienda digna": desmovilización por non ter un claro obxectivo.

Co gallo das eleccións municipais do 2007 é un bo momento para realiza-la campaña, xa que os concellos teñen moito que dicir ó respecto. Démoslle contido pois!

Os primeiros pasos:
-- artellar un mini-discurso co que ir "en campaña".
-- creación dun grupo público en Flickr para subir fotos-denuncia.
-- creación dun logo "A TODA COSTA" para publicitar nos blogs e outras webs a campaña.
-- outras obras audiovisuais estilo microfundismos de ACC. Microfundismo "feísmo", etc

lunes, mayo 22, 2006

Día de reflexión: a ironía Miralles

Hoxe é día de reflexión na Universidade de Vigo. Mañán son as eleccións a reitor.

Eu apliqueime o conto e estiven reflexionando sobre "ésta, nuestra universidad". E como elemento de modernidade para mostrarvos escollín o edificio Miralles, sito no campus universitario das Lagoas-Marcosende. 450 millóns de pesetas ben invertidos. Boa mostra de cómo os reitores e o seu equipo de goberno invirten coidadosamente os cartos das nosas baratas matrículas.

Non vou facer aquí apoloxía de ningún candidato, pois estou seguro que gañe quen gañe mañán governará esta nosa universidade con sentido común e boa maña. Déixovos cunha serie de fotos que fixen do grandioso e premiado edificio:


(acceso á serie completa)